Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

OME elixe como sistema de comunicación o servizo de e-mail marketing da galega Krasis

xoves 29 de outubro do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Online Marketing EXPO elixiu coma provedor de envío de e-mail marketing, MAILCast, ao servizo desenvolvido pola compañía viguesa Krasis, que vén sendo utilizado por un número moi importante de empresas do ámbito da comunicación e a publicidade dende 2002.
Online Marketing EXPO cambia de provedor de e-mail marketing e agora pecha un acordo por un ano que pretende levar aos subscritores de OME un número superior ao millón de correos electrónicos durante un ano.
O acordo inclúe tamén distintas accións publicitarias conxuntas e o deseño de diferentes equipos para os sucesivos eventos de OME, como o que se presenta hoxe mesmo en Barcelona, ou o prestixioso encontro de Madrid, a celebrar durante a última semana de febreiro de 2010. As citas en Portugal e Brasil, veranse tamén cubertas por este acordo empresarial así como a serie de conferencias vinculadas á organización Search Marketing Expo SMX.
Como punto de arranque e durante a xornada de hoxe (na que abre as portas OMExpo BARCELONA), plásmase o convenio entre OME e Krasis lanzando a campaña publicitaria «Sempre quixen ser un e-mail». Nela incídese nas vantaxes da correspondencia electrónica fronte á convencional como modo de comunicación no campo do marketing e a comunicación publicitaria.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS