O web:tv renóvase cunha versión mellorada do seu firmware
martes 6 de decembro do 2011, por |
O fabricante de electrónica de consumo afincado en
Compostela, Blusens, vén de anunciar a dispoñibilidade dunha nova
actualización de balde para o seu dispositivo estrela, o web:tv, de xeito
que recolle melloras substanciais desenvolvidas durante os pasados meses,
depurando o acceso a YouTube, o control dende dispositivos Android ou o seu
navegador web (que incorpora soporte parcial de HTML).
O firmware
8643 para o web:tv tamén inclúe o soporte para ficheiros de máis de 1 Gb
con contas Premium de Megaupload, mellora a detección, sincronización e renderizado de subtÃtulos, facilita a
reprodución de fluxos de streaming en
formato m3u8 dende o navegador, engade os idiomas francés e portugués, amosa a
calidade e a potencia das canles de TDT tanto durante a sintonización como ao
cambiar de canle... e moitos outros detalles entre os que tamén podemos
destacar o soporte completo para o novo Blusens RC02,
un accesorio de pequenas dimensións (150 x 60 x 12 milÃmetros) e pouco peso (90
gramos) que se comunica sen fÃos cun receptor USB para facilitar o seu uso
en equipos informáticos (e que tamén pode operar en
consolas de videoxogos Xbox 360 ou PlayStation 3 e dispositivos Android)
facendo de teclado e rato ata a unha distancia de 30 metros.

- O Blusens RC2 é un excelente complemento para o uso do web:tv como dispositivo de navegación a través da Internet, podendo aproveitarse para outros dispositivos
Este novo dispositivo conta con 79 teclas retroiluminadas, un panel táctil que fai as funcions de rato, unha baterÃa interna recargable por USB, un deseño ergonómico que facilita o seu uso e xa está á venda por 59 euros na tenda en liña de Blusens, onde tamén podemos encontrar o web:tv a un prezo rebaixado (129 euros), como tamén acontece coa súa versión reducira, o web:tv lite, que pasa venderse a 99 euros (incluÃndo de balde un adaptador USB para conectar o dispositivo a unha rede sen fÃos e que está valorado en 14,90 euros), o que facilÃtalle a competencia con outros reprodutores multimedia que hai no mercado.

- O web:tv pode completarse agora cun mini-teclado QWERTY
VÃdeo promocional do web:tv de Blusens
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















