O uso das redes sociais a debate na Coruña

venres, 15 de novembro do 2013 Marcus Fernández

A Biblioteca Municipal Ágora da Coruña acollerá o vindeiro mércores ás 20:00 horas unha mesa de debate sobre os usos das TIC organizado pola Asociación Socio-pedagóxica Galega, acto que servirá para presentar o caderno especial dedicado a tal materia e publicado dentro da serie A Fondo do semanario Sermos Galiza que coordinou Jorge Castro Ruso, autor do blog Menores en Red.
Redes Sociais: Tempo de Cambios e o caderno de análise publicado por Sermos Galiza que profunda no papel das redes sociais no mundo actual, constatando o que é unha realidade no proceso de visibilización e interconexión da cultura galega e como as novas posibilidade que achegan as converten en instrumentos de diálogo e emisión directa de discursos persoais e colectivos para avanzar “na creación de espazos horizontais que faciliten aportacións fluídas entre institucións, creadores individuais ou grupais e un público cada vez máis interesado en participar nos procesos culturais”. Aínda que o documento publícase en papel, tamén está dispoñible para a súa adquisición en formato PDF na tenda en liña de Sermos Galiza.

PUBLICIDADE