O tradutor automático de Google inclúe o galego entre os seus idiomas

luns, 2 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Google ampliou o seu tradutor automático con 7 novos idiomas entre os que destaca especialmente o galego, de xeito que xa podemos traducir de 20 idiomas distintos ao galego e viceversa, aínda que a calidade desta tradución hai ten moito que pulir, pero resulta unha interesante achega que gaña peso ao poder espallarse a outros servizos coma os subtítulos de YouTube (que aínda non se poden traducir automaticamente ao galego, o que sería unha interesante novidade).
As outras falas incorporadas ao tradutor de Google serían o albanés, o estono, o húngaro, o maltés, o tailandés e o turco.

As traducións automáticas de Google ao galego aínda distan bastante de ser precisas

PUBLICIDADE