O stick HDMI con Firefox OS cancélase por problemas co DRM
martes, 4 de agosto do 2015
O ano pasado emerxeu en
Kickstarter un dispositivo que prometÃa ser unha alternativa aberta ao
Chromecast, que aproveitarÃa a tecnoloxÃa de Firefox para funcionar, e que
conseguiu trunfar xuntando non só máis dos 100.000 dólares que buscaba, senón
que superou os 470 mil; pero finalmente a historia do MatchStick non remata
ben, e os seus responsables veñen de informar de que devolverán
os cartos aos seus patrocinadores.
O problema non era que os cartos non puidesen permitir a fabricación dos
dispositivos, senón que atoparon un importante atranco no seu camiño: tiñan que
desenvolver un sistema de DRM (para poder respectar os dereitos de propiedade
intelectual) baseado en Firefox OS, e aÃnda non teñen previsión sobre cando
poderán ter tal tecnoloxÃa lista, polo que decidiron cancelar o proxecto do seu
stick HDMI e devolver os cartos a
todos os que amosaran interese en facerse co produto.
AÃnda que hai quen critica que o produto fose a integrar un sistema de DRM,
cómpre destacar que é unha esixencia para moitos servizos premium, ou sexa, que para poder facer o produto compatible con,
por exemplo, Netflix, serÃa necesario contar con algún sistema de DRM, de xeito
que podemos velo como unha prestación imprescindible, xa que se o trebello non
funcionase coa servizos de vÃdeo baixo demanda máis populares perderÃa a súa
utilidade para a meirande parte de consumidores.