O software Owncloud xa ten versión galega
mércores, 30 de outubro do 2013
O
sistema Owncloud é unha solución
autónoma e de software libre para a nube
persoal ou para un grupo de persoas que precisen compartir ficheiros
de calquera tipo. Emporiso, anuncian dende a web de Trasno
que o dito software vén de ser traducido ao galego na súa nova
versión 0.6, que se atopa en desenvolvemento. Dicir que o
responsábel desta tradución foi Miguel Bouzada, tradutor e co lÃder
do equipo de tradución, composto por varios membros de Trasno asÃ
como outros tradutores voluntarios atraidos pola utilidade deste
software, no que levan traballando silandeiramente desde hai varios
meses e coordinados a través do sistema de tradución en liña
Transifex.
E
indo ao miolo desta nova, estamos perante unha edición colaborativa
e en galego. AsÃ, esta función intégrase nunha aplicación chamada
Documentos
ownCloud
e será parte do ownCloud 6. A xente poderá ver e editar os seus
documentos de texto ODF directamente no navegador, dentro do seu
ownCloud. Amais diso, poderá convidar aos usuarios da mesma ownCloud
para traballar conxuntamente no mesmo documento ou mesmo enviar
ligazóns de convite por correo-e ás persoas fóra do servidor para
colaborar no documento en cuestión.
A
nova versión do sistema Owncloud trae importantes novidades, segundo
apunta o propio responsábel do seu desenvolvemento, Frank
Karlitschek,
quen subliña que todo o proceso aconteceu nun repositorio público
en GitHub.
Como xa sinalamos, varias persoas poden navegar ao mesmo tempo no
mesmo documento con diferentes cursores, coa opción de ver os
cambios que se realizan polos diferentes usuarios en diferentes
cores. Cada usuario é identificado polo nome e pola imaxe avatar
introducida en ownCloud 6. A parte do navegador baséase en WebODF
cunha nova infraestrutura ownCloud para cargar, gardar e compartir
documentos e un sistema para distribuÃr os cambios deste documento.
Para
máis información arredor do ownCloud 6 cómpre visitar a web
habilitada. Engadir que documentos ownCloud é parte da Beta 1 do
ownCloud 6 e pódese descargar como ficheiro .zip (ownCloud
6 beta 1).