Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O prólogo de Dead Rising 2 acada boas vendas

mércores 8 de setembro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

A semana pasada chegou ao Bazar de Xbox LIVE o xogo descargable Dead Rising 2: Case Zero, que pode adquirirse por 400 puntos (4,8 euros) e sirve de prólogo para o Dead Rising 2 que chegará a finais de mes para Xbox 360, PlayStation 3 e PC, no que algúns criticaban por considerar que estabamos ante unha demo de pagamento, pero o negocio parece que saíulle ben a Capcom, e tras unha semana vendeu máis de 328.290 copias, o que supón uns ingresos adicionais ao xogo principal que de seguro que agradecen os seus responsables, que vén así coma non só poden capitalizar os contidos descargables para ampliar os xogos previamente adquiridos, senón que moitos son os usuarios dispostos a pagar por ter un adianto dun título moi agardado.
O éxito deste prólogo dun xogo que aspira a evolucionar nunha franquía coma Resident Evil podería levar a moitas compañías a repensar as súas estratexias de contidos descargables, aínda que resulta evidente que só uns poucos xogos poden adoptar posicións tan fortes, mentres que o pulo para as vendas que pode supor unha demo de balde tamén é algo a tomar en consideración.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS