O primeiro xogo de Sonic revitalÃzase en versións para iOS e Android
xoves, 16 de maio do 2013
Os
seareiros do ourizo azul de SEGA están de parabéns, pois a primeira entrega das
súas aventuras, Sonic the Hedgehog, vén
de someterse a un proceso de remasterización para dispositivos móbiles con
Android e iOS, o que supón a estrea
deste xogo en dispositivos con Android (a un prezo de 2,81 euros) e a
renovación da súa versión
para iPhone e iPad (á venda por 2,69 euros) que agora amosa un rendemento
fluÃndo (ata 60 imaxes por segundo), vese correctamente na pantalla ancha do
iPhone 5, permite xogar con Tails ou Knuckles e permite desafiar a amigos no
novo modo de xogo Contra reloxo.
Estamos ante a primeira vez que Sonic the
Hedgehog ofrece a posibilidade de xogar con Tails ou Knuckles dende o
primeiro momento, aÃnda que as novidades non quedan aÃ, senón que tamén goza
dunha banda sonora remasterizada, novos taboleiros de puntuacións e logros.
Trailer de lanzamento da nova versión móbil de Sonic the Hedgehog