AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O iPad podería ter recibido 120.000 reservas en 24 horas

luns 15 de marzo do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Aínda que o anuncio do iPad de Apple recibiu moitas críticas do sector ao considerarse de xeito xeral que non estabamos ante un trebello que ofrecese novas posibilidades, limitándose a ser un iPod Touch de grande tamaño, o público si parece estar agardándoo con inquedanza, e aínda que os norteamericanos non poderán mercalo ata o 3 de abril, a compañía de Cupertino abriu dende a súa páxina web o proceso de reserva deste novo trebello, e parece ser que a súa demanda é moito mellor do esperado, chegando a superar ao iPhone.
Un informe asegura que nas dúas primeiras horas nas que era posible a reserva do iPad encargáronse 51.000 unidades, e a primeira xornada pecharía con 120.000 dispositivos reservados, o que parece un sólido éxito (aínda que cómpre destacar que non estamos ante datos oficiais). De confirmarse estes datos ata podería haber problemas para atender a demanda do novo dispositivo de Apple cando chegue o seu lanzamento final.
No tocante modelo de iPad preferido durante o proceso de reserva, case 3 de cada 4 pedidos corresponderían ao modelo con Wi-Fi e sen 3G, mentres que as distintas capacidades de disco (16, 32 e 64 Gb) repartiríanse en partes iguais.
Parece así que a acollida do iPad vai ser realmente boa, e dende Apple tamén parece moi seguros da calidade do trebello, pois agora aseguran que se un usuario ten problemas coa batería do dispositivo cambiaranllo por un novo por 99 dólares, garantía que vai moito máis aló dunha substitución de batería.

PNG - 75.2 KB
Distribución dos modelos de iPad durante o proceso de reserva
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS