O galego chega ao xogo Mezcladitos
luns, 29 de abril do 2013
Tras o éxito de Apalabrados, dende Etermax quixeron
diversificar os seus xogos baseados na formación de palabras e estrearon un
máis áxil Mezcladitos, consistente en paneis de 4x4 letras nas que buscar o
meirande número de palabras posible unindo letras en vertical, horizontal e
diagonal e partidas de 3 quendas de 2 minutos cada unha e coa posibilidade de
facer uso de power-ups para engadir
certa compoñente estratéxica aos desafÃos entre xogadores. Este xogo,
considerado como a revelación na App Store en 2012, está actualmente dispoñible
para iOS, Android
e Facebook, permitindo o xogo
entre plataformas, o que é un dos seus grandes atractivos, e a semana pasada
incorporou unha importante actualización na que engadiu a posibilidade de xogar
contra opoñentes aleatorios (procurando que teñan un nivel de xogo semellante),
un modo práctica (para poder xogar sen rival, para coller experiencia) e dous
novos idiomas: noruegués e galego.
Para engadir o galego a Mezcladitos dende Etermax tiraron proveito do traballo
da galega Cilenis, que xerou a listaxe de
palabras en galego para o xogo Apalabrados, mellorando as posibilidade
lúdicas da nosa lingua a través de aplicacións desta compañÃa que destaca pola
súa sensibilidade á diversidade lingüÃstica (facilitando que Mezcladitos estea
dispoñible en español, francés, inglés, italiano, catalán, portugués,
noruegués, éuscaro, holandés, alemán, inglés, sueco e galego).
- O galego é unha das linguas que vén de sumarse ao xogo Mezcladitos