
En canto ao protagonista da xornada do 9 de decembro, cómpre dicir que é o responsable do lanzamento do denominado movemento software libre no 1983 e do desenvolvemento do sistema operativo GNU no 1984. E que é iso do GNU? Para quen a estas alturas aínda descoñeza o que se agocha tras a verba GNU, dicir que non estamos a falar do antílope africano (aínda que este sexa a mascota do sistema operativo), GNU é o mesmo que dicir software libre, isto é: todo o mundo é libre de copialo e distribuílo, así como tamén de realizar cambios de meirande ou menor magnitude. O sistema GNU/Linux é arestora empregado en decenas de milleiros de computadores.
Engadir que Richard Stallman recibiu o premio Grace Hopper da ACM (ACM Grace Hopper Award), unha bolsa da Fundación MacArthur, o premio Pioneiro da Fundación Fronteira Electrónica e o premio Takeda pola Mellora Social/Económica, así como tamén varios doutorados honorarios.
O congreso MeTTeG chega á sétima edición e faino en Vigo
Compartir Este Artigo
