O combate de boxeo de Mayweather contra Pacquiao emprégase de reclamo para plataformas de vídeo en liña

xoves, 30 de abril do 2015 Marcus Fernández

Na madrugada entre o sábado e o domingo vai ter lugar o chamado Combate do Século, un enfrontamento puxilístico entre os boxeadores de peso welter da CMB, a AMB e a OMB Floyd Mayweather e Manny Pacquiao, que celebrarase en Las Vegas nunha velada que comezará ás 0:00 horas, e que están a aproveitar para promocionar plataformas de vídeo en liña como Yomvi e TotalChannel.
Ambas plataformas están dispoñibles dende distintos dispositivos e equipos como a PlayStation 4 (que fan doado o seu consumo incluso no salón, sen ter que contar cun receptor de televisión de pagamento) e no caso de Yomvi ofrece diversas opcións para gozar de fútbol, series de televisión e música, incluíndo tamén unha oferta de contidos en pagamento por visión como o mencionado combate, que venderase a 12 euros.
Máis atractiva resulta a oferta de TotalChannel, que por 12 euros non só oferte o combate de Mayweather contra Pacquiao, senón que acompaña con 1 mes de servizo e, no caso de preferir pagar 15 euros, a oferta incluiría 3 meses de subscrición. En ambos casos poderase gozar das 12 canles televisivas que ofrece TotalChannel (Fox, AXN, TNT, Comedy Central, Historia, National Geographic, Barça TV, Real Madrid TV...) e que pode recibirse en consolas PlayStation, algúns Smart TV, tabletas con iOS e Android, smartphones, ordenadores persoais e incluso a través de Chromecast.

PUBLICIDADE