O bus da Rede comeza a súa andaina por 25 localidades da provincia de Lugo

martes, 13 de novembro do 2007 Fernando Sarasketa

Segue adiante o bus da Sociedade da Información de AGESTIC e ASAJA por terras galegas, levando ós recantos do rural a seguinte mensaxe: estarmos conectados á Rede ten importantes vantaxes para a formación persoal, a comunicación e, tamén, para a competitividade das nosas empresas. O vehículo, tamén chamado BUSSI, comezou este luns un itinerario por 25 localidades da provincia de Lugo cun acto de botadura na Alameda de Vilalba no que fixeron acto de presenza o presidente de AGESTIC, José María López Bourio, o responsable da Obra Social de Caixa Galicia en Lugo, Sinesio Delgado e máis o secretario xeral técnico de Xóvenes Agricultores – Asaja Galicia, Juan Pérez Sánchez-Orozco.
Trala presentación oficial deste luns día 12, o BUSSI iniciou a súa andaina pola provincia, coas seguintes localidades: Outeiro de Rei - Rábade - Begonte - Baamonde - Parga - Guitiriz - Cospeito - Muimenta - Castro de Rei - Castro de Riberas do Lea - Mosteiro - Meira - Pastoriza - Bretoña - Momán - Abadín - Martiñán - Gontán - Goiriz - Alba - Lanzós - Matodoso - Candamil - Santaballa - Sancobade.

PUBLICIDADE