O blog sobre videoxogos Memoria Pixelada di adeus tras 6 anos
venres, 12 de xuño do 2015
No ano 2009 dabamos conta do nacemento dunha páxina
web en galego que falaba sobre a actualidade do mundo dos videoxogos,
cubrindo asà unha grande carencia na Internet, pois aÃnda que dende Galicia se
elaboran contidos de páxinas web dedicadas aos videoxogos como Vandal,
Hardgame2 ou PixFans, estas están en español. NacÃa daquela Memoria Pixelada,
un espazo na web que foi evolucionando, sumando colaboradores, adherÃndose a
unha rede de blogs e, en definitiva,
madurando como un medio en liña altruÃsta que daba cabida a novas, artigos,
análises...
O grande problema de levar adiante unha publicación dixital de xeito
afeccionado fixo cada vez máis complicado manter certa frecuencia de
actualización, e tras unha etapa na que a falta de tempo dos responsables de
Memoria Pixelada facÃa que o produto quedase un tanto abandonado, decidiron
optar por unha saÃda digna, anunciando
o adeus deste diario de Internet especializado en videoxogos. Quédanos asÃ
o recordo dunha iniciativa digna de ser replicada por outros entusiastas no
futuro que teñan a ben dedicar parte do seu tempo a falar das súas paixóns na
nosa lingua empregando a Rede como plataforma para divulgar o seu traballo.