O ano que vén convocarase un concurso para crear 5 novas canles de TDT
martes, 16 de decembro do 2014
Nun
almorzo informativo organizado por Europa Press, o ministro de Industria,
EnerxÃa e Turismo, José Manuel Soria, adiantou varios detalles sobre o futuro
da TDT no noso territorio, que comezarÃa coa posibilidade
de que adÃen a liberación do dividendo dixital 3 meses, ante os retrasos na
adaptación de antenas a nivel estatal, o que sen dúbida é unha mala nova para o
sector das telecomunicacións (canso dos retrasos a este respecto para poder
avanzar na telefonÃa móbil de cuarta xeración) e a ampliación do número de
canles de TDT que teremos no futuro (para compensar o peche de canles que
vivimos hai poucos meses por mor dunha adxudicación previa irregular).
A demora na liberación do dividendo dixital serÃa unha esixencia das empresas
instaladoras, que aseguran que de producirse o apagamento das canles de TDT que
emiten na banda dos 800 MHz haberÃa uns 7,5 millóns de cidadáns afectados, que
non poderÃan recibir algunha canle televisiva. Esta lentitude na adaptación ao novo
escenario da TDT non parece moi razoable, se temos en conta que leva moitos
meses previsto, e reaccionar aprazando os cambios da TDT prexudicarÃa a un
volume de cidadáns moi superior ao que afectarÃa a perda dunha porción da
oferta televisiva por un tempo reducido.
No caso da ampliación da oferta televisiva, Soria asegurou que o
Goberno sacará a concurso 5 canles de TDT das que 4 serÃan de alta
definición e unha quinta estarÃa en definición estándar. Este proceso concursal
iniciarÃase antes de 6 meses. Con esta medida queren compensar o peche de 9
canles de TDT por orde xudicial, e que foi un dos motivos que causou conflitos
no sector, dificultando a tan agardada liberación do dividendo dixital.