O Teclado de Google para Android incorpora ao galego entre as súas linguas

venres, 11 de xullo do 2014 Marcus Fernández

O blog Mallando no Android está a dar conta dunha interesante novidade dentro do sistema operativo móbil de Google, xa que a aplicación Teclado de Google actualizouse incorporando entre as súas novidades o soporte de galego, polo que xa non habería que recorrer a teclados alternativos para poder escribir na nosa lingua en dispositivos con Android.
Os usuarios que non teñan dispoñible a aplicación a través de Google Play tamén poden instalala a través dun mirror co seu paquete de aplicación.
Varios usuarios están a atopar dificultades co uso do galego nos seus terminais (como non poder empregar a escritura xestual) pero entre esta actualización e a estrea de Gmail en galego podemos entender que dende Google están a realizar importantes avances de cara á localización ao galego dos produtos que tiñan pendentes, polo que o Android en galego podería estar cada vez máis preto de converterse en realidade.

PUBLICIDADE