Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O Skype 5.0 permite videoconferencia a 10

venres 3 de setembro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Aínda que nos últimos meses o Skype centrase os seus esforzos en avanzar en plataformas móbiles, a súa aplicación de escritorio para Windows continúa a innovar, e a versión de proba do Skype 5.0 incrementa o seu número de comunicacións simultáneas de 5 a 10, abríndose así a unhas videoconferencias masivas, o que agradecerán grupos de amigos ou familias que queiran manter o contacto pese a estar afastados xeograficamente.
Aparte deste detalle, o Skype 5.0 tamén mellora a estabilidade e calidade das súas conexións, á vez que tamén estrea unha nova interface de usuario. De todos os xeitos, hai que lembrar que estamos aínda ante unha beta, polo que a aplicación aínda precisa de certa depuración para uso ordinario, polo que só recoméndase a súa utilización a xeito de proba.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS