O Samsung Galaxy Note7 non se venderá en Europa até finais de novembro
venres, 23 de setembro do 2016
Os problemas
descubertos nas baterÃas defectuosas dos Samsung Galaxy Note7 chegaron
incluso a bloquear a distribución dos novos smartphones antes da súa posta á
venda oficial en España, de xeito que é moi reducido o número de españois que
puido gozar deste completo terminal, e agora que estiman que a metade dos
usuarios que devolveron o seu Note7 xa recibiu outro terminal novo sen
problemas de baterÃa, queda rematar de completar a substitución de todos os
dispositivos afectados por outros novos, de aà que a comercialización europea
estarÃa a adiarse de xeito importante, e agora estiman que non
veremos o Note7 nas tendas até finais de novembro.
EstÃmase que Samsung ten que substituÃr un total de 2,5 millóns de terminais,
polo que están nun proceso bastante complexo que xustifica o adiamento da
distribución de novas unidades no mercado libre, e aÃnda que en Corea do Sur xa
contará co Note7 nas tendas o 28 de setembro, e as vendas en Australia e
Singapur tamén van retomarse en outubro, en Europa teriamos que agardar a
novembro, o que permitirá que os consumidores poidan adquirir o novo teléfono
cunha maior seguridade.
Os usuarios europeos que recibiron un Note7 por telo reservado están a recibir
esta semana unha actualización do seu software que limita a carga da baterÃa
até o 80%, medida que quere reducir os riscos de incendio, para que os usuarios
poidan continuar a empregar o seu dispositivo mentres esperan pola unidade de
substitución.