O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, anunciou que o recinto portuario de Fisterra contará dunha rede de acceso de balde á Internet a través de Wi-Fi grazas a unha iniciativa piloto da Xunta integrada nun proxecto de mellora do equipamento tecnolóxico dos peiraos galegos.
Dentro destas actuacións tamén ampliarán o porto fisterrán cunha nova zona de atraque con capacidade para 80 embarcacións menores e mellorarán os servizos, prestacións e a seguridade das embarcacións que atraquen no peirao, á vez que están a traballar no estudo da mellora do dique de abrigo.
O Porto de Fisterra terá Wi-Fi de balde
Compartir Este Artigo
