SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O Plan de Banda Larga facilitou que máis de 26.000 galegos contratasen accesos á Rede na primeira metade do ano

luns 22 de agosto do 2011, por Redacción | | Compartir | |

JPEG - 147.1 KB
Mar Pereira encabeza a Secrataría Xeral responsable do Plan de Banda Larga 2010-2013

Nos 6 primeiros meses de 2011 máis de 26.000 galegos contrataron servizos de acceso a Internet grazas aos novos despregamentos de redes de telecomunicación que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica a través do Plan de Banda Larga 2010-2013.
No primeiro semestre do ano producíronse diariamente unha media 145 altas de servizo de banda larga o que supón que preto de 400 galegos poidan acceder á Rede. Estes datos poñen de manifesto a boa acollida dunha das iniciativas tecnolóxicas máis relevantes da Xunta para reducir a fenda dixital e impulsar o acceso ás máis redes máis modernas de telecomunicación.
O obxectivo do Plan, posto en marcha en 2010, é dotar de cobertura a toda Galicia en 2013. Con esta finalidade xa se puxeron en marcha 4 das 6 accións previstas no plan, priorizando o ámbito rural galego e impulsando ao mesmo tempo a extensión das redes de telecomunicación máis punteiras con velocidades de 100Mbps. Nas vindeiras semanas porase en marcha unha nova actuación para dotar de cobertura a máis de 11.300 núcleos de rural e a 250.000 habitantes destas zonas ata 2013. Para acadar a cobertura no 100% da poboación estas accións completaranse cunha solución satelital para as zonas con máis dificultades orográficas.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS