O Opera Mobile 10 xa funciona en Android
luns 22 de febreiro do 2010, por | |
| Compartir |
Durante o Mobile World Congress presentouse unha versión do Opera Mini para
iPhone que dificilmente verá a luz na App Store, mentres que outra versión
móbil da mesma compañía si podería ter máis futuro: o Opera Mobile para
Android.
Estariamos ante un Opera Mobile 10 en Android amosado nun
terminal Nexus One, que curiosamente ofrece unha experiencia de
navegación realmente boa, e que a súa compañía buscaría a súa integración por
parte de operadoras de telefonía móbil.
Ata o momento Opera Mobile só estaba dispoñible para terminais Nokia ou con
Windows Mobile, aínda que a versión para Android aínda non está dispoñible a
través da tenda de descargas, senón que está a ofrecerse só para fabricantes e
operadores de telefonía.
Phillip Grønvold de Opera Software amosando en Barcelona o funcionamento de Opera Mobile nun Nexus One:
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














