O Nokia N810 con WiMAX podería saír á venda o 9 de xullo

martes, 29 de abril do 2008 Marcus Fernández

MobileCityOnline é unha das webs que adianta os datos de lanzamento do N810 con WiMAX

O Nokia N810 WiMAX Edition está a ser moi agardado nos EE.UU. pois é un interesante dispositivo para acceder á rede de banda larga móbil que XOHM (Sprint) vai espallar polos EE.UU., agora xa se van coñecendo detalles como o data de lanzamento e o seu prezo grazas á varias páxinas web que xa aceptan reservar para estes trebellos.
O prezo oficial do N810 con WiMAX será de 479,99 dólares (308,74 euros) aínda que en tendas coma MobileCityOnline permiten adquirilo por 449,99 dólares (289,19 euros), de xeito que o prezo oficial da versión con WiMAX parece igual que a edición estándar.
O lanzamento da nova versión deste MID de Nokia será o 9 de xullo.

PUBLICIDADE