O Linux estremeño di adeus
luns 2 de xaneiro do 2012, por |
O primeiro proxecto autonómico dunha distribución de GNU/Linux
en España, LinEx,
cesou as súas actividades o pasado 31 de decembro, posto que a Xunta de
Estremadura decidiu deixar de financiar esta iniciativa ante a súa insustentabilidade,
o que supón que os contratos laborais dos traballadores que desenvolvÃan esta
distribución de Linux non serán renovados en 2012 e a distribución pasará a
depender da Fundación CENATIC. Isto non supón o abandono do Linux por parte da
Administración autonómica, senón que mudarán a súa distribución por outra máis
estendida, Debian.
LinEx apareceu hai xa 9 anos, captando a atención de todo o mundo, pois parecÃa
unha iniciativa chamada a revolucionar o sector público, especialmente nos
contornos educativos, o que provocou unha vaga de réplicas por todas España, o
que non parecÃa moi razoable, pois non existe unha demanda real de
rexionalización do software (unha vez localizado ás distintas falas, o que xa
fan as distribucións xenéricas
practicamente dende os seus inicios).
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















