O LG Gx2 contará con cámara de 8 Mpíxeles con enfoque automático láser

mércores, 27 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Pese á grande competencia no sector, LG está a conseguir mellorar considerablemente a súa posición no mercado grazas á comercialización de terminais de referencia, e incluso esperan que o seu último móbil insignia, o LG G3, sexa o primeiro da compañía en superar os 10 millóns de unidades vendidas. Non sorprende entón que continúen a comercializar teléfonos na mesma miña, como o que anuncia hoxe, o LG Gx2, que apostaría por un impresionante tamaño de pantalla de 5,7 polgadas (aínda que cunha resolución de só 720p) e cunha batería á súa altura (cunha capacidade de 3.200 mAh) que polo momento parece limitar a súa distribución a Corea do Sur (podendo chegar a outros mercados baixo outro nome).
Este novo smartphone 4G funcionaría cun procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1,5 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno, cámara traseira de 8 Mpíxeles con enfoque automático láser, cámara traseira de 1,3 Mpíxeles, un grosor de 9,1 milímetros e un peso de 165 gramos. Comercializarase en cor branca, negra e titanio.

PUBLICIDADE