O HTC Desire 510 proponse como un smartphone 4G económico
mércores, 27 de agosto do 2014
Atendendo a un previsible crecemento da demanda de
dispositivos con conectividade 4G, HTC amplÃa a súa gama media co terminal HTC Desire 510, que promete
unha veloz conectividade LTE a un prezo asumible, de xeito que non haberá
que mercar un smartphone de alta gama para gozar das novas velocidades de
conexión que están a ofrecer os operadores de telefonÃa móbil, e que espérase
que incrementen a súa oferta considerablemente en 2015.
O HTC Desire 510
é un smartphone 4G con pantalla de 4,7 polgadas (cunha resolución de 854 x 480
pÃxeles) que funciona co procesador Qualcomm Snapdragon 410 de catro núcleos a
1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante
tarxetas microSD de até 128 Gb), Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, e baterÃa de 2.100 mAh
(que permitirÃa até 17,17 horas de conversa en 3G e 646 horas en espera).
ContarÃa con cámaras de 5 e 0,3 MpÃxeles e Android 4.4 con HTC Sense, terá un
grosor de 9,99 milÃmetros e pesará 158 gramos, agardándose que chegue ás tendas
nas vindeiras semanas a un prezo bastante axustado e con carcasas en 4 cores
distintas.
- O HTC Desire 510 vén coa última versión de HTC Sense, que inclúe HTC Blinkfeed para facilitar que non perdamos ningunha nova importante dos nosos medios favoritos e das nosas redes sociais