O Gran Turismo 5 Prologue xa está á venda en España

venres, 28 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Xa está dispoñible nas tendas españolas o xogo Gran Turismo 5 Prologue, lanzamento algo polémico polo feito de que se trata dunha demo de pago, pois o xogo definitivo non chegará ata dentro dun ano.
O GT5 Prologue se pode mercar tanto coma descarga coma en disco Blu-ray por uns 40 euros, e nun principio ofrece gráficos de alta definición, 71 coches, 5 pistas e un modo de xogo en liña para 16 corredores simultáneos.
O xogo tamén presenta unha intelixencia artificial mellorada e a posibilidade de mellorar o noso vehículo, pero o xogo final parece que aínda achegará máis sorpresas, coma podería ser a posibilidade de que se poidan ter en conta dos danos producidos nos coches, o que engadiría máis realismo.


Impresionante trailer do xogo

PUBLICIDADE