PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O Goberno indica que a normalidade é a tónica dos primeiros apagamentos analóxicos

mércores 1 de xullo do 2009, por Fernando Sarasqueta | | Compartir en Tuenti | Compartir |

JPEG - 40 KB
Mapa da primeira fase de actuación do apagamento

O Ministerio de Industria vén de dar a coñecer o primeiro parte de incidencias sobre a evolución do proceso de apagamento analóxico que se está a dar en determinadas áreas xeográficas do territorio estatal. A xuízo do Goberno, os primeiros ceses de emisións da Fase I do Plan Nacional de Transición á TDT están a desenvolverse con normalidade. Cómpre lembrar que o apagamento comezou o pasado 27 de xuño, cando se oficializou o cese de emisións en analóxico para 14 concellos do leste de Cantabria, proseguíndose cos traballos o día de onte, co peche da anterior tecnoloxía (o sinal da televisión que todos coñecemos) noutras 17 áreas de 13 comunidades autonómas e das cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
Deste xeito, engade o Ministerio, o paso definitivo e sen volta atrás cara á TDT chegou e chegará á súa fin os vindeiros días nas primeiras 18 contornas xeográficas, abranguendo a máis de 3.000.000 millóns de cidadáns.
En 13 das devanditas, prosegue, os traballos xa foron completados, o que atinxe a máis de 1.500.000 cidadáns. Fican polo tanto aínda co sinal analóxico 5 áreas da Fase I (Cuenca, Madrid Norte, Mataró, el Ripollés e Zaragoza) por mor do que o Ministerio cualifica de razóns estritamente técnicas.
A idea é culminar esta primeira etapa antes do vindeiro 15 de xullo. Por certo que o 22 deste mes, entrarán no proceso catro zonas máis do territorio estatal, pertencentes a Andalucía e Canarias. Para resolver calquera dúbida que lles poida xurdir aos cidadáns, Industria recomenda acceder á web www.televisiondigital.es ou ben chamar ao teléfono 901 2010 04.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS