O Doutor Who estreará xogos e accesorios para as consolas de Nintendo
martes 7 de setembro do 2010, por |

- Doctor Who: Evacuation Earth para Nintendo DS pode completarse cun stylus con forma de desaparafusador sónico
Durante o pasado verán os británicos puideron gozar de balde dun videoxogo por entregas para PC protagonizado polo Doutor Who, e aÃnda que acadaron un éxito notable, decidiron levar esta diversión a un público maior (ampliando as plataformas nas que estará dispoñible), de xeito que no inverno poderemos ver os xogos Doctor Who: Return to Earth para Wii e Doctor Who: Evacuation Earth para a Nintendo DS, que só serán a metade da diversión, xa que en outubro porán á venda unha stylus con forma de desaparafusador sónico para manexar a Nintendo DS e un Wiimando que tamén simula a forma da ferramenta sónica do Doutor, polo que os seareiros das novas aventuras dos personaxes interpretados por Matt Smith e Karen Gillan estarán encantados de levar a súa diversión ás consolas de Nintendo.

- Sorprende que o desaparafusador sónico para Wii sexa un mando totalmente funcional para a consola doméstica de Nintendo
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















