O Dicionario de pronuncia da Lingua Galega renóvase engadindo e corrixindo termos
martes, 21 de xuño do 2016
Estes
dÃas soubemos da
actualización e mellora do Dicionario de pronuncia da Lingua Galega,
un proxecto vivo como a nosa lingua. Os
recursos do Dicionario de pronuncia da Lingua Galega, froito da
colaboración da AMTEGA e mais o Instituto da Lingua Galega, eran
publicados
o pasado ano no repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia.
Indo á actualización deste Dicionario
de pronuncia, cómpre informar que vén de achegar 30 novos
termos, polo que en total inclúe xa 66.742 ficheiros de son
correspondentes a outros tantos modelos de pronuncia.
Con
esta actualización, que está dispoñÃbel xa para a súa descarga,
aproveitouse para corrixir algún dos sons anteriores como:
"ibero/a", "celtibero/a", "adenoide",
"interoperabilidade" e "San Xiao de Mos". En
canto aos engadidos: "acorchetar", "agregador de
novidades","arlequinado/a", "bolboretista",
"endometriose", "homofobia","mestrado","solleira"
etc. Pódese consultar a listaxe completa dos novos termos e os
corrixidos na ligazón
especÃfica da forxa de Mancomún.
Estes cambios e melloras
acaban de actualizarse no proxecto no Repositorio de Software Libre
de Galicia. Os novos ficheiros liberados están, igual que os
anteriores, en formato aberto ogg e dispoñÃbeis baixo licenza libre
Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional. Xunto
cos mesmos está dispoñÃbel tamén unha nova versión da base de
datos completa, que recolle tanto os anteriores termos como os novos
que se engaden.
Para máis información
sobre como facer a actualización pódense consultar as instrucións
que acompaña á actualización no ficheiro README na raizame do
ficheiro .zip coa actualización.
Trátase
dun proxecto de colaboración entre o Instituto da Lingua Galega da
USC e a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica que está
dispoñible para a súa consulta na rede, onde calquera falante que
dubide sobre a pronuncia dunha palabra galega pode escribila e pode
ver a transcrición fonética e escoitar a pronunciación de dita
palabra. Ademais está tamén integrado no dicionario
da Real Academia Galega, no que é posÃbel consultar a pronuncia
de calquera das palabras nel recollidas.