O Concello de Pontevedra dará acceso á Internet sen fÃos nas prazas do seu casco histórico
luns 8 de febreiro do 2010, por |
Enviar por e-mail |
| Compartir
O
Concello de Pontevedra está a preparar unha rede sen fÃos que permita o acceso
á Internet nas prazas dos seu centro histórico baixo o nome de Pontevedra
Conecta, que poderÃa concretarse a curto prazo.
Nunha primeira fase, que conta co financiamento do Fondo Estatal para o Emprego
e a Sustentabilidade Local (cun orzamento de 208.800 euros), prevese a conexión
dos diferentes edificios municipais a través dunha rede sen fÃos, de xeito que
ao conectar a Casa Consistorial, o edificio de Michelena, o de Churruchaos e a
sede de Turismo de Pontevedra, poderase dar servizo á Internet sen cables nas
prazas de España, A FerrerÃa e A Verdura.
Agora están a estudar cómo será o servizo que ofrecerán aos cidadáns, de xeito
que posiblemente dean acceso de balde aos usuarios rexistrados, pero limitando
os usos que poden facer da rede, os tempos de conexión e os volumes de
descarga. Tamén poderÃa optar por un sistema de pagamento, aÃnda que non parece
moi probable en vista do fracaso que tivo a rede WiMAX establecida en
Compostela (que nos seus primeiros meses de vida só captou 2 clientes).
Pero esta non é a única iniciativa tecnolóxica dentro do segundo Plan E, senón
que tamén modernizarán
a relación administrativa dos cidadáns co Concello, avanzando cara á
Administración electrónica, incrementando o número de trámites dispoñibles a
través da Rede, para o que conta cunha dotación de 200.000 euros.










