Esta web apoia  iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O Concello de Betanzos organiza un obradoiro sobre blogs

xoves 30 de novembro do 2006 | Chuza! | Compartir

Os blogs están en boca de tódolos internautas e (tamén) dos non internautas e algúns concellos galegos non queren deixar pasar a ocasión de achegar coñecementos sobre estas novas canles ou formatos de expresión.
É o caso do de Betanzos, que organiza a partir deste sábado (e durante o mes de decembro) diversos cursos de informática entre os que se conta un obradoiro de blogs principalmente dirixido á mocidade e con coñecementos informáticos a nivel de usuario.
Este obradoiro terá unha duración de 30 horas, e xunto co resto dos cursos preparados constitúe a aposta da Concellería de Xuventude de Betanzos por “dar resposta ás demandas de formación recollidas na Oficina de Información Xuvenil”.
Nestas actividades, que se desenvolverán na aula de informática do Complexo Cultural San Domingos, o Concello comprometeuse a facer fincapé nas ferramentas de software libre (abertas e de balde) que os mozos teñen á súa disposición en Internet.
Para máis información, cómpre contactar coa dita oficina a través do teléfono 981 771 300.

Publicidade:





Caixa Galicia













Revista en PDF:
Descárgaa xa