O Club de Amigos da Tecnoloxía Social celebra o seu primeiro encontro galego o vindeiro día 28

mércores, 20 de xuño do 2012 Marcus Fernández

O primeiro encontro do CATS tivo lugar en MadridO vindeiro 28 de xuño o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) en Santiago de Compostela dará acubillo á primeira actividade fóra de Madrid do Club de Amigos da Tecnoloxía Social (CATS) organizado pola Fundación Tecnoloxía Social (F_T_S) coa intención de demostrar ao empresariado que a tecnoloxía con fins sociais é un negocio sustentable. Este evento que tamén busca propiciar encontros entre empresarios, emprendedores, investigadores, institucións e usuarios finais ao redor deste ámbito toma na nosa comunidade o nome de #CATS_GALICIA, e desenvolverase nunha xornada de mañá na que, aparte de presentar os obxectivos principais desta actividade, contarase coa presenza de empresas de Madrid, Valencia ou a propia F_T_S para amosar proxectos no ámbito da tecnoloxía responsable na primeira parte do encontro, mentres que nunha segunda parte serán as propias empresas galegas as que farán o propio.
Este primeiro encontro #CATS_GALICIA conta coa colaboración de AGESTIC, EGANET, Ineo e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e reparte as súas actividades seguindo o seu programa:

9:30 – 10:00 Acreditación
10:00 – 10:30 Apertura Institucional #CATS_GALICIA
Intervencións:
Enrique Varela Couceiro, Presidente FTS.
José María López Bourio, Presidente AGESTIC.
Víctor López García, Presidente EGANET.
Jorge Cebreiros Arce, Presidente INEO.
Alfonso Blasco García, Director CNTG.
Felicitas Rodriguez González, xefa de departamento de Sociedade da Información de AMTEGA – Área de Sociedade Dixital.
10:30 – 11:45 Bloque 1: – TECNOLOXÍA SOCIAL: UN NEGOCIO CRECENTE E OPORTUNO.
Presentacións:
ELEA soluciones: “Automatización en fogares e fincas.”
INCLUSITE: “A solución para que TODO funcione a TODOS na INTERNET.
11:45 – 12:15 Coffee-working (Café faladoiro ou coloquio)
12:15 – 14:00 Bloque 2: – MESAS REDONDAS de EMPRESAS TIC DE GALICIA: TECNOLOGÍA, RSE Y NEGOCIO
12:15 – 13:00 Panel 1, liña asistencial
Presentación: Lucía Gregorio Rodríguez, directora xeral de Ineo.
Intervencións:
INFOJC: Traballos en TIC asistencial para persoas con mobilidade reducida; presentación experiencia AMENCER-Aspace, sobre a súa plataforma iDigitalBox.
LEVEL TELECOM: Sistema de Monitorización intelixente de alertas persoais para grupos de risco e proxecto INNTERCONECTA de Fogal Dixital.
13:00 – 13:45 Panel 2, líña saúde
Presentación: José María López Bourio, Presidente AGESTIC.
Intervencións:
IMAXDI: Monitorización de pacientes crónicos de corazón, mellora calidade de vida, diagnósticos temperáns, mellora asistencia en accidente cardíaco. NACODEAL (Natural Comunication DEvice for Asisted LIiving): Dispositivo portable de axuda aos pacientes que sufran una perda de memoria leve, e nos primeiros estadios de enfermidades neurodexenerativas.
MEGA SISTEMAS: Sistema, ANESTIC, que serve para a comunicación de incidentes críticos no Servizo de Anestesia.
13:45 Coloquio
14:00 Peche de CATS Galicia

PUBLICIDADE