O CiTIUS traerá a Santiago a algúns dos principais expertos estatais en Big Data
mércores, 22 de maio do 2013
Entre os dÃas 16 e 19 de
xullo desenvolverase na Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa
(ETSE) o curso de verán Big
Data & Data Science, organizado polo CiTIUS e dirixido
polos profesores da Universidade de Santiago de Compostela adscritos
ao devandito centro Tomás Fernández Pena e José Ramón RÃos
Viqueira. A actividade formativa, informa
o centro CiTIUS da USC, artéllase nunha serie de conferencias,
mesas redondas e obradoiros para abordar o presente e o futuro dos
sistemas e estruturas destinados a acubillar inxentes cantidades de
información cientÃfica. Ao longo dos catro dÃas de curso,
especialistas de renome internacional debaterán sobre esta temática,
tratando as liñas de investigación emerxentes e os ámbitos de
aplicación máis salientábeis, engade o CiTIUS.
Máis polo miúdo,
afondarán nos retos aos que nos enfrontamos perante unha cada vez
máis imparábel Sociedade da Información (co coñecemento
potencialmente dispoñÃbel demandando mellores e máis eficaces
acubillos e recursos de xestión e acceso). A conferencia inaugural
correrá a cargo de Roi Blanco, de Yahoo!Labs e abordará o
presente e o futuro do Big Data & Data Science.
Outros relatorios
salientábeis serÃan, en palabras do CiTIUS, os impartidos por Hugo
Zaragoza, da empresa Web Says, que falará sobre os desafÃos que
presenta a análise da información asociada á Internet
social; Diego López de Ipiña, da Universidade de Deusto, que
amosará algunhas solucións do novo paradigma Non-SQL para o
acceso eficiente a grandes cantidades de datos non
estruturados; Jorge Amigo, do Grupo de Medicina Xenómica da
Universidade de Santiago, que exporá os retos vinculados á análise
da información que se está a xerar no ámbito da Bioinformática;
Fernando Cucchietti, do Centro de Supercomputación de Barcelona,
que describirá os desafÃos que implica a visualización de
información no universo do Big Data (BD), ou Miquel Sà nchez-Marrè
que elucidará as técnicas de análise intelixente de datos e a súa
relación con esta tecnoloxÃa.