O Centro da RDSI de Sada supera o milleiro de persoas inscritas
martes 9 de febreiro do 2010, por | |
| Compartir |
Os Centros de Rede de Dinamización da Sociedade da Información de
Moaña, Bueu, Vilasantar e Sada, veñen de facer balance do traballo realizado en
prol da inmersión da sociedade galega nas TIC en cadansúas localidades en
xaneiro e o resultado foi moi positivo, destacando por enriba das demais o da
aula de Sada, que supera xa o milleiro de usuarios e usuarias.
No pasado mes na comarca do Morrazo en concreto (nas aulas de Bueu
e Moaña), impartíronse un total de 9 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que
se formou a 45 persoas e que se estenderon ao longo de 66 horas.
En Vilasantar, a actividade non foi menos e en xaneiro leváronse a
cabo dous obradoiros tecnolóxicos que se estenderon ao longo de 11 horas.
Os
obradoiros impartidos foron Presentacións:
Impress e Comunidades sociais:
Tuenti, Facebook... estes cursos, xunto coas ducias de distintos obradoiros
impartidos até a data de hoxe, poñen de
manifesto a grande diversidade formativa que oferta a Rede en tódolos seus
centros.
O
centro sadense, pola súa parte, volveu superar en
xaneiro os 1.000 usos mensuais. Este mes, asemade, realizou 29 novas
inscricións, o que fixo que o número de persoas inscritas como usuarias da RDSI
no Centro de Sada superase xa o milleiro.
Durante o pasado
mes impartíronse en Sada case 60 horas de formación gratuíta que incluíron a
iniciación á informática e a Internet, o correo electrónico e o manexo da folla
de cálculo. Un total de 6 obradoiros nos que participaron 56 persoas.
Ademais,
unha decena de persoas asistiron á charla divulgativa verbo do correo
electrónico, unha cita obrigada que responde ás demandas das persoas usuarias de
profundizar nos contidos desenvolvidos nos obradoiros, abordáronse algunhas das
funcións e utilidades avanzadas máis destacables desta
importante ferramenta.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














