O Campus de Ourense iniciou a Semana Santa cunha LAN Party

luns, 14 de abril do 2014 Redacción

Durante a pasada fin de semana o Pavillón de Deportes do Campus de Ourense acolleu a celebración da Technium LAN Party 2014, unha quedada organizada pola Asociación Sectorial de Estudantes de Enxeñaría Informática ASEII que superaba a súa anterior marca ao chegar aos 317 inscritos.
O evento serviu para amparar unha serie de charlas, un obradoiro de Hama Beads, un expositor de proba do sistema de realidade virtual Oculus Rift, o xa tradicional concurso de lanzamento de CD e torneos de videoxogos (League of Legends, Counter Strike: Global Operations, FIFA 2014, StarCraft II, OverClock, Super Smash Bros. Melee, UltraStar e Pokémon).
Estamos ante unha actividade que axuda á dinamización do Campus e fomenta a convivencia entre estudantes de todas as titulacións e doutros campus universitarios, que comparten intereses comúns arredor da informática, que este ano destaca por celebrarse durante uns días nos que era habitual que tivera lugar o encontro Xuventude Galicia Net, cancelado hai pouco.

Máis de trescentos mozos participaron no encontro ourensán

PUBLICIDADE