Factura electrnica

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O CSIC premia un proxecto de innovación posto en marcha en Terras Gauda

xoves 22 de xullo do 2010, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) vén de salientar os esforzos investigadores despregados para impulsar a innovación estatal até a primeira liña de vangarda. Dase a casualidade de que as achegas recoñecidas, presentadas pola ministra de Ciencia (Cristina Garmendia) nun acto de homenaxe á colaboración das comunidades científica e empresarial, están estreitamente ligadas á nosa terra. Máis polo miúdo a Bodegas Terras Gauda e mailo investigador Alfonso Carrascosa, recoñecido co Premio de Investigación 2009 da Real Academia Galega das Ciencias por un proxecto de innovación desenvolvido coa devandita adega galega.
A iniciativa, a xuízo da ministra de Ciencia un exemplo senlleiro da desexable sinerxía entre empresa e investigación, consiste nun completo estudo para a mellora da calidade do viño Albariño.
Este estudo levouse a cabo en Terras Gauda en colaboración co Instituto de Fermentacións Industriais (dirixido polo devandito Alfonso Carrascosa) e a Misión Biolóxica de Galicia, ámbolos dous centros adscritos ao CSIC. Segundo apunta esta entidade científica, a iniciativa posta en marcha na adega galega significou a aplicación de coñecementos e avances científicos para mellorar a competitividade, “dando como resultado a primeira patente de lévedo Albariño, sendo Terras Gauda a única adega en Galicia e unha das poucas de España que dispón dun lévedo propio illado nas viñas”.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS