Factura electrnica

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O CPETIG organiza un curso de Peritaxes e Informática Forense

luns 22 de febreiro do 2010, por Raquel Noya | | Compartir | |

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, no marco do convenio asinado coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, vén de anunciar que durante os días 12 e 13 de marzo, vai organizar un curso de Peritaxes e Informática Forense que se levará a cabo no Gran Hotel Santiago (Avda. Maestro Mateo s/n, Santiago de Compostela).
Este curso, que será de balde para colexiados e precolexiados, constitúe a iniciación ao mundo legal e xudicial da Peritaxe e a Informática Forense. Ter realizado formación complementaria sobre práctica forense é un requisito imprescindible (xunto con estar colexiado) para formar parte do Corpo Oficial de Peritos Informáticos do CPETIG. O obxectivo desta acción é dar a coñecer os novos avances que na instrución legal e no valor probatorio se deron nos últimos anos así como afondar no coñecemento das últimas novidades lexislativas no eido da informática.
Este curso de inicio ten unha duración de 8 horas, e forma parte da programación da Aula de Formación e Capacitación Profesional do CPETIG.
Ao completar o curso, as persoas asistentes recibirán cadanseu certificado de asistencia, así como unha copia do libro La peritación informática: un enfoque práctico.
As persoas interesadas en matricularse neste curso deberán cumplimentar unha preinscrición que lle dará dereito á súa matriculación definitiva unha vez aboado o importe da matrícula, sempre que fora aceptado no curso.
O prazo para realizar esta preinscrición remata o vindeiro día 2 de marzo.
As prazas, un total de 100, serán adxudicadas segundo a data de recepción da preinscrición, tendo preferencia os colexiados e precolexiados do CPETIG ou aquelas persoas que asinen o compromiso de colexiación / precolexiación e que non tivesen feito o curso na edición 2008.
O formulario para preinscribirse no curso poderá atoparse na web do CPETIG e deberá ser remitido por e-mail a cursoperitaxes@cpetig.org ou por fax ao 981 937 831, indicando como asunto “preinscrición curso peritaxes”.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS