Factura electrnica

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O CPEIG organiza en Santiago un curso de intelixencia nos negocios para profesionais do eido informático

luns 7 de xuño do 2010, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza estes días unha actividade directamente encamiñada a favorecer o traballo dos profesionais das novas tecnoloxías, sobre todo no que atinxe á análise constante de información e á elección dos vieiros a seguir máis axeitados para as súas empresas. A actividade Business Intelligence, que conta co patrocinio da empresa Bahía Software, desenvolverase os venres e os sábados desta semana e da vindeira.
Segundo informa o Colexio, a iniciativa insírese no seu Programa de Formación, estando aberta a matrícula ás/aos colexiadas/os, precolexiadas/os ou profesionais do sector TIC que queiran ampliar os seus coñecementos sobre as novas tendencias e ferramentas (neste caso concreto de software libre) para a xestión intelixente dos datos.
O curso desenvolverase no Centro ON Caixa Galicia de Santiago.
Segundo informa o CPEIG sobre os obxectivos da actividade, “o contexto empresarial actual fai necesario tomar decisións importantes e rápidas a partir da información dispoñible nos sistemas de xestión informatizados (ERP, aplicacións operativas…), polo que se precisan ferramentas que faciliten o proceso”. Deste xeito, engade, a tendencia Business Intelligence implica unha mellora na velocidade e na capacidade das organizacións para elixir o camiño correcto.
Os docentes que impartirán o curso son Juan José Ortilles, responsable de Desarrollo de Proyecto de Stratebi Business Solutions, e Andrés Pérez, especialista técnico Business Intelligence Open Source tamén de Stratebi Business Solutions.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS