AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O CNTG dará acubillo ás probas de certificación dos profesionais de Linux

mércores 27 de xaneiro do 2010, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia vén de recibir un importante recoñecemento ao seu labor de formación no software libre, labor do que precisamente xa falamos a semana pasada e que se materializa cada pouco (principalmente) en obradoiros e cursos especializados para profesionais da informática en contornos empresariais. Pois ben, o recoñecemento vén da man da Linux Professional Institute, organización sen arela de lucro que centra os seus esforzos na certificación de profesionais da plataforma Linux, traballo para o que conta xa co apoio do centro galego. De feito, este é precisamente o miolo do recoñecemento: ter emprazado ao CNTG como socio colaborador na procura dos seus obxectivos.
O centro tecnolóxico galego, informa tamén Mancomún, convértese así no único das súas características (público e inserido no noso país) que une as súas forzas ao LPI, que xa conta coa presenza da firma galega Tegnix na súa prestixiosa lista de colaboradoras. Entre outras vantaxes de cara ao estudantado, o achegamento ao Linux Institute vailles supoñer aos alumnos a posibilidade de levar a cabo no dito centro galego os exames de certificación de profesionais Linux. Estas probas contarán coa presenza dun membro do LPI e se desenvolverán de xeito exclusivo a través de formatos en papel.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS