O CNTG acolle este luns a presentación dun proxecto TIC de apoio a emprendedores
xoves 18 de marzo do 2010, por |
O vindeiro luns 22 de marzo o Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia (CNTG) vai acoller a presentación na nosa terra do proxecto LinkToStart, iniciativa encamiñada a achegar apoio gratis e especializado para emprendedores que desexen pór en marcha o seu plano de empresa, con acceso a financiamento e guÃas para acadar autonomÃa. A cita, que dará comezo ás 18.00 horas da man da Fundación Inlea, servirá para facer un percorrido polas vantaxes do proxecto, entre as que se inclúen a asesorÃa dun equipo humano de emprendedores, expertos en novas tecnoloxÃas e micro financiamento.
Máis polo miúdo, o traballo destes especialistas centrarase na mellora da idea inicial de negocio, na formación en liña dende a Stanford University (adaptada pola Fundación Inlea), na achega de cápsulas de formación práctica para desenvolver o plano de empresa e no fornecemento de valoracións técnicas da idea de negocio para a súa implantación no mercado.
A iniciativa, que para o seu espallamento na nosa terra conta co apoio da Xunta de Galicia, ten tras de si o soporte técnico de Cisco e máis o aval de La Caixa. O proxecto, informa o devandito CNTG (Santiago), primará a aquelas persoas que cursen ou teñan cursado algunha acción formativa no Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia ou que estean ligadas a unha Cisco Networking Academy. En termos xerais vai dirixida a emprendedores que desenvolvan novas ideas de negocio e fomenten o autoemprego.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















