AOI

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O CMG de Compostela acolle a presentación da I guía impresa das webs de Galicia

xoves 11 de marzo do 2010, por Raquel Noya | | Compartir | |

Mañá venres, ás 12:00 horas, o Centro Multimedia de Galicia, en Santiago de Compostela, vai dar acollida á presentación dunha das publicacións máis agardadas pola comunidade internauta galega nos últimos anos, a Guía das webs de Galicia, unha publicación que recolle completa información sobre 4.800 páxinas web galegas para estar ao día no referente ás novas tecnoloxías e Internet na nosa Comunidade.
Esta Guía, editada por Interdix Galicia a toda cor, recolle no noso idioma completa información sobre tódolos sitios en liña galegos, coa dirección de cada un deles e con datos de interese para os usuarios.
Nela figuran, entre outras, as mesmas webs que se recollen no portal WebsGalicia, incluído dentro da plataforma na Rede GaliciaDigital, que achega un total de 27 portais relativos a Galicia, e que no pasado ano recibiu máis de 7.300.000 visitas e máis de 40.000.000 de páxinas vistas.
Entre os sitios que figuran nesta Guía, que xa está á venda a un prezo de 5 euros nos quioscos de prensa de toda a Comunidade, tamén se atopa a referencia ao noso portal Código Cero, así como outros de especial relevancia para os nosos lectores como Vandal.net, a web das universidades galegas ou a páxina do noso webmaster e colaborador Marcus Fernández, que achega contidos sobre cómics, cine, televisión, música, Internet e todo o referente á vila de Melide, o seu lugar de nacemento.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS