O CESGA celebra o 24 de abril unha nova edición do Día das Rapazas nas TIC

luns, 14 de abril do 2014 Redacción

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) acolle o vindeiro 24 de abril unha nova conmemoración do Día Internacional das Rapazas nas TIC (Girls in ICT Day), un acontecemento que o CESGA tamén festexou o ano pasado, e fíxoo cunha actividade divulgativa na que concorreron representantes femininas do noso emprendemento TIC de vangarda, amosando a súa experiencia e animando ás estudantes a pór en marcha novas iniciativas. O festexo vén da man da International Telecommunications Union (ITU), que procura unha contorna global que apoie as rapazas para que estas teñan en conta as carreiras do eido das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
Pola súa parte, o CESGA promove e coordina o Proxecto Europeo ICT-GO-Girls!, Promoción do emprendemento das rapazas de secundaria a través das TI, que se dirixe ás mozas de entre 12 e 14 anos de idade para proporcionarlles unha imaxe máis atractiva do mundo do emprendemento tecnolóxico e acadar deste xeito unha maior presenza feminina no eido das novas tecnoloxías da información. A xornada que vai celebrar o CESGA o día 24 intégrase neste proxecto. Por certo que o evento tamén participará o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, CPEIG.
O acto previsto, informa o colexio, “vai dirixido a dar visibilidade ao colectivo de mulleres emprendedoras no eido das TIC e constitúe un espazo de intercambio e comunicación entre elas e as rapazas e rapaces dos institutos de Secundaria de Galicia”.

Programa provisional
Preside: Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade
10:00 Benvida: Director do Centro de Supercomputación de Galicia
10:05 As rapazas, emprendemento e as TIC. (Consellería Educación, pendente confirmar persoa)
10:10 O papel da muller na modernización tecnolóxica de Galicia. (Mar Pereira, Directora da AMTEGA)
10:15 O proxecto ICT-Go-Girls! Experiencia tras un ano de proxecto. (María José R. Malmierca, CESGA)
10:20: Mensaxes en vídeo de mulleres relevantes do ámbito español no mundo das TIC, altas executivas de Fujitsu, Siemens, IBM e HP.
10:25-10:55 Visión e experiencia de catro mulleres galegas emprendedoras nas TIC:

11:00 Preguntas e comentarios por parte do alumnado dos centros de secundaria participantes, conectados por videoconferencia.

  • CPI O Cruce, Cerceda
  • IES Rosalía de Castro, Santiago de Compostela
  • IES Ribeira do Louro, O Porriño
  • IES A Sardiñeira, A Coruña
  • Tesdai (FP), Santiago de Compostela
  • Colexio Montespiño, A Coruña
  • IES Pedro Floriani, Redondela
  • IES Nº1 de Ribeira, Ribeira
  • IES Poeta Díaz Castro, Guitiriz
  • CPI Vicente Otero Valcárcel, Carral
  • IES Republica Oriental de Uruguai, Vigo
  • IES San Clemente, Santiago de Compostela
  • CPI Viano Pequeno de Trazo, Viaño Pequeno (A Coruña)

11:30. Peche do acto. Secretaria Xeral de Igualdade.

PUBLICIDADE