O CDTIC organiza unha xornada sobre as vantaxes de Facebook nos negocios

venres, 20 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) organiza o día 2 de febreiro a actividade formativa Descubre as vantaxes que Facebook pode achegar ao teu negocio, que se levará a cabo nas súas instalacións en horario de 16:00 a 19:00 horas e achegará aos asistentes os beneficios que as redes sociais poden aportar aos negocios, especialmente Facebook, e as súas utilidades e aplicacións: fanpages, tipos de contidos, xestión dunha comunidade, Messenger etc.
Esta sesión está destinada principalmente a empresas e persoas emprendedoras que desexan empregar as redes sociais, principalmente Facebook, como ferramenta de captación e fidelización de clientela. O encargado de impartir o curso será Christian Delgado, especialista en posicionamento na Internet (SEO) e analítica web.
Para participar nesta actividade cómpre inscribirse na páxina web do CDTIC. A asistencia é de balde e aínda é posible anotarse para asistir, xa que as prazas, polo momento, non están cubertas.

PUBLICIDADE