AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O AutoCAD volverá a Mac tras 18 anos de ausencia

martes 31 de agosto do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Dentro do mundo do software comercial as aplicacións de referencia, especialmente no que a vendas se refire, son o Microsoft Office e o Adobe Photoshop, seguidas pola ferramenta de deseño AutoCAD, que leva 18 anos afastada do mundo do Mac, o que finalmente van arranxar co lanzamento do AutoCAD 2011 para Mac OS X, de xeito que os arquitectos e enxeñeiros poderán empregar ordenadores de Apple sen ter que instalar Windows ou emular tal plataforma de software, coas conseguintes vantaxes para a súa produtividade.
A nova aplicación chegará cunha interface semellante á do Final Cut Pro, permitirá abrir documentos DWG e contará coa meirande parte de características propias do AutoCAD para Windows, aínda que a cousa non quedará aí, senón que tamén van publicar un visor de documentos DWG para dispositivos con iOS, o que facilitará tamén a anotación e unha edición básica, de xeito que os profesionais poderán levar os seus traballos nun iPad para poder consultalos en mobilidade.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS