O Asus ZenFone 2 podería contar cun modelo con pantalla de 5 polgadas

venres, 30 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

Asus está a preparar un dos seus smartphones máis ambiciosos, o ZenFone 2, que ao funcionar cun procesador Intel Atom de 64 bits a 2,3 GHz e contar con 4 GB de RAM promete unhas posibilidades sen igual, pero o feito de que a súa pantalla IPS Full HD teña un tamaño de 5,5 polgadas pode botar atrás a moitos consumidores, se aí que xa chegan rumores sobre unha versión con pantalla de 5 polgadas, que se adaptaría máis ao usuarios medio que busca unhas dimensións que faciliten un agarre máis cómodo.
Os novos smartphones de Asus terían uns prezos bastante comedidos (fálase de que o modelo con pantalla de 5,5” parta duns 200 dólares), e se finalmente chega ás tendas unha versión con pantalla de 5” que conserve as súas prestacións máis destacadas (aínda que podería reducir lixeiramente a velocidade do seu procesador segundo algúns rumores), xunto con Android 5.0, a conectividade LTE e as cámaras de 12 e 5 Mpíxeles, teremos un dispositivo que o tería bastante doado para gañar o favor dos consumidores.

PUBLICIDADE