AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O 92,4 por cento dos fogares galegos xa acceden con éxito á TDT

martes 9 de marzo do 2010, por Raquel Noya | | Compartir | |

A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, dependente do Ministerio de Industria, achegou onte os datos máis recentes sobre o estado do proceso de transición á TDT en España, e a un día de que dea comezo a derradeira fase do peche analóxico, (que se iniciará mañá mércores día 10 de marzo), os datos publicados vense tamén moi alentadores para a nosa Comunidade.
“xa acceden ás canles da TDT, mentres que o 99,4 por cento coñecen este novo sistema audiovisual dixital”, ao que se adaptaron, segundo Ros, cunha “naturalidade e madurez significativa”
Asemade, cando falta menos dun mes para que conclúa o proceso de transición, previsto para o vindeiro 2 de abril, máis do 95 por cento da poboación galega xa adaptou as súas antenas para recibir a agardada TDT e non ser pillada polo toro do anuncio.
O Ministerio de Industria, que está a realizar un esforzo informativo coas persoas maiores ao tempo que desenvolve distintas accións específicas dirixidas a este colectivo en risco de exclusión, visitará un total de 1.586 localidades das 45 provincias españolas a través de autobuses itinerantes e puntos informativos móbiles de ámbito rural e urbán.
Por outra banda, e xa dende o comezo do proceso, a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información celebra reunións cos alcaldes e representantes institucionais dos concellos nos que se producen os cesamentos, e atende as consultas realizadas por todalas persoas interesadas a través do teléfono de información habilitado pola entidade pública, o 901 2010 04 e a web Televisiondigital.es.
Esta web, na que se inclúe un recopilatorio de guías, manuais, directorios de teléfonos e webs de referencia con información sobre a TDT, vén de incorporar un novo apartado dedicado exclusivamente a proporcionar orientación práctica ao cidadán ante posibles problemas ou dúbidas que poidan xurdir ao tratar de ver a nova televisión.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS