O 90% das PEME aumenta o seu investimento en mercadotecnia dixital
venres, 24 de abril do 2015
A firma Antevenio
presentou os días pasados unha
enquisa sobre o investimento en mercadotecnia das empresas estatais.
Segundo se desprende da investigación, o
86% das mesmas levou a cabo, xa, algún tipo de iniciativa de
promoción comercial a través da TIC. Por outra banda, no
informe tamén se conta que practicamente o 90% ten previsto facer ao
longo deste ano en curso un incremento do seu investimento en
mercadotecnia. A maiores, arredor do 50% das firmas enquisadas afirma
que máis da metade do que invisten encamíñase xa cara ao ámbito
en liña.
A enquisa realizouse
sobre unha base de 243 empresarios e directivos. O obxectivo do
informe foi “coñecer como se achegan as compañías aos seus
clientes e cales son as súas previsións para este exercicio”.
Segundo informa a
empresa, a mercadotecnia a través de correo electrónico (sobre todo
para empresas B2B, o buscador Google e as redes sociais son as canles
máis efectivas para as entidades enquisadas.