Novo número da nosa edición impresa

xoves, 23 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou dende a nosa aplicación para iPad.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á edición número 19 da Noite das Telecomunicacións de Galicia, gala que este ano centrarase na e-saúde e na tecnoloxía social.
Tamén destacamos outros temas como:
- O CPEIG avalía a situación laboral dos profesionais galegos da Informática
- O CITIC aposta pola tecnoloxía Lidar en dous dos seus proxectos
- As Xornadas de Automatización Industrial (JAI) amosan os porqués de apostar por tecnoloxía
- O CPETIG reuniu a case 200 profesionais na súa Xornada de Informática Xudicial
- Medra o número de fogares galegos que se conectan a Internet
- Galicia pon en marcha a presentación telemática de escritos e demandas a través de Lexnet
- Lollipop será a primeira versión oficial de Android en galego

<script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>

PUBLICIDADE