Novo número da nosa edición impresa

martes, 15 de abril do 2014 Redacción

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao evento Galicia Innovation no que os emprendedores galegos sentan cara a cara cos seus colegas israelís.
Tamén destacamos outros temas como:
- Gradiant impulsa a creatividade empresarial entre os seus investigadores
- AMTEGA e AETG unen forzas para axudar aos concellos en materia TIC
- o CPETIG asina un importante acordo de divulgación con AMTEGA
- Novas axudas para afianzar a Rede de banda larga por satélite na Galicia máis afastada
- Vodafone reforza a súa cobertura 4G en Galicia
- Telefónica anuncia novos traballos en Galicia e presenta en Santiago os Ability Awards
- A Deputación de Pontevedra pon en marcha os seus centros de asesoramento TIC para PEME
- Entrevista a Sebastián Bamonde, novo coordinador do CITIC

<script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>

PUBLICIDADE