Northwest Startup Day, o novo foro para emprendedores galegos

venres, 19 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Nos últimos anos non foron poucos os eventos relativos ao mundo do emprendemento na nosa comunidade autónoma, pero nun par de semana vai desenvolverse unha actividade que busca ser un tanto distinta. Trátase do Northwest Startup Day (NOS), un foro creado por catro galegos que fundaron ou traballan en startups no exterior que decidiron organizar un ciclo de conferencias concentrado nun día e fuxindo de charlas inspiradoras, técnicas ou anécdotas, buscando achegar valor ás persoas implicadas en proxectos emprendedores “a partires de coñecemento medido, validado e transferible”.
O Northwest Startup Day desenvolverase o vindeiro 4 de xullo de 9:30 a 13:00 horas na Cidade da Cultura de Galicia, e xa é posible inscribirse de balde para poder participar neste encontro que xa conta cun programa provisorio:
10:00 – Ecosistemas de startups: por que e como – José Iglesias, director para Europa de UP Global, deterase en analizar como xorden os ecosistemas emprendores e por que teñen éxito a longo prazo.
10:45 – Que alguén mate ao “Silicon Valley español” – Jaime Novoa, fundador de Novobrief.com, quere deixar claro que a teima dalgúns políticos de replicar o modelo de Silicon Valley no noso territorio é imposible.
11:30 – Lean non significa cubre – David Pombar, director xeral de SetPay, introducirá á metodoloxía Lean Startup con trucos que aplicar ao día a día das startups con casos de éxito e algún sonoro fracaso.
12:15 – Como vivir da túa audiencia en 2005, como vivir da túa audiencia en 2015 – Daniel Seijo, fundador de Diariomotor, que debullará os retos e oportunidades dos medios dixitais, que van mudando no tempo, continuando a ser igual de complexos e apaixonantes.

Este novo foro é froito da colaboración de catro emprendedores galegos

PUBLICIDADE